Se me amontonan as perdas e as mortes ata tal punto que xa atopome habituado.
O 3 de Agosto do 2008 morreu o abuelo Fernando.
( Uns días antes estivera con il, e cando me mirou cos ollos desorbitados pensei que ía marchar xa. Chorei nese intre coma un parvo. Durou uns pouquiños días mais)
O 9 de septembro do 2008 Pilar Barreiro, coa complacencia do CE, de Arias e de Abalde, despidenme de GKN.
O 9 de Septembro do 2009 marchou Maika. Ainda hoxe votoa de menos.
( Maika, cando me mirou cos ollos desorbitados, quedaballe unha hora de vida. eu non o sabía. Disenlle, Monchiño, non te preocupes, hoxe é día de sorte que truxenche unha folla de costela de Adán, non como ata agora esas castañas das bruxas que che dan mala sorte. E miroume intensamente, eu que sei si é que quería entender ou que entendía e tiña fé.... Merda de día, non?)
O 9 de febreiro do 2010 decateime da miña soedade tras un desaire de Sara. Ata esa non era amigo, nin pai, nin cómplice; porque non fun capaz de chegar. Ese día expulsoume como home do mundo. E non houbo esquela, pero foi a morte súa para min.
Entón decateime de que estaba só, e que non importaba nada mais ca min.
Morrín eu entón para amodiño renacer.
Foder.
Sin referencias, sin amigos, sin afabilidade, sin ter nada que dar ....
Foi nese intre cando NUEVOMBRE tomou relevancia.
Pero non se fai a alguén de un día para outro, ¿nonsi?
Adeus.
No hay comentarios:
Publicar un comentario