martes, 17 de noviembre de 2009

091118

Benquerido diario:
Sonche as duas e trece da madrugada e non teño sono ningún.
Acabo de ver a Limba pasar, con ese paso arrogante, chulesco, bamboleante ó tempo, e de pronto, ó chegar á altura da oficina das minusvalías, aproveitou os cristais como espello para axeitarse a bufanda. A farola de detrás daballe a luz necesaria. Votou seus bos dous minutos colocandoa. Cando ficou satisfeito, pasou a palma das mans polas sens e continuou seu camiño... cara sí mesmo, supoño.

No hay comentarios:

Publicar un comentario