viernes, 30 de marzo de 2012

Recollendo recordos camiño de luz de lúa chea.

coma caracol 
recollendo no interior da sua cuncha intres e sentires imperecedeiros
apañando boas vibras, recordos e sumidades de vestixios
recollendo cunchasssss ápteras e implumes
caseque humanas
se foran bípedas
achantando no meu colo
un a un vagos 
intres de ledicia e quereres que o fin foron esquivos
mañán non sei
hoxe lembranzas que son empuxe para erguerse
lonxe das verbas valeiras
e dos sons de doce mel
preludio de coiteladas nocturnas e alevosas

recoller e gardar
e quedar con eles
esquecer o quen e o cando
capturar o aroma se acaso do intre
cando ninguén tremía no  contacto
cando con tacto
 non fuxías das presencias

viñeches Meinés crin
viñeches
pero so pasabas pola beira

e xa agora bogando
nesta longa e infinda 
noite
agasallo das ausencias
e dos embligos propios

que a polea non me falle
que devezas presenza
que desafiucete o corazón
de quen quiso estar perto

que non te embargue a anguria
nin siquera a desazón
que volteche as verbas o eco

caia o carballo seco
fagase leña del









3 comentarios:

  1. Triste y contradictoria poesía:
    "que a polea non me falle
    que devezas presenza
    que desafiucete o corazón
    de quen quiso estar perto" ???
    Es contradictorio que te deshaucie el corazón de quien quiso estar cerca

    ResponderEliminar
  2. Quiere echarle de sus deseos para que no le duela más el corazón.

    ResponderEliminar
  3. Quiere que ella lo eche de sus deseos, para no sentirse culpable si ella sufre por él. Tiene sentido.

    ResponderEliminar