lunes, 31 de octubre de 2011

Asintotas


Gosto decir que a vida non é liña, senon segmento... xa que ten inicio e final.

É a vida segmento paralelo con aquelxs cos que nunca bates nin atopas.

É segmento secante; en canto atopaste nun intre dado con outro segmento que fuxe...nada mais percibirte...
.
É a vida tanxente cando compartes intres dados... e logo diverxen....

Placenme mais se cadra,
as liñas ou segmentos asintóticos,,,
confluindo antre eles ...

ainda que non desboto as funcións senoidais,
 onde cada liña,
 en función da sua frecuencia aparece, cruzase, marcha.... e reaparece de súpeto....
traendo a luz dos putos quantos.

Compre decir que a vida non é vida, senon segmento limitado
.Este pequeno anaco de tempo de disfrutar do Sol e das tabernas, dos sorrisos, das cotiáns galernas e lagunas, 
dos risos dos outros, das penurias... ata chegar a asintota co pó inicial.

(PD: o puto blogger atopabase mais cómodo coa función centrado de texto... e bueno... dalle un xeito peculiar ó escrito, Non?)

No hay comentarios:

Publicar un comentario