aciago día de demandas e de ausencias como si adolescente fora en síndrome premenstrual a necesidade de agocharme nun regazo de unha caricia de unha aperta de algo de calor que non abonda a propia combustión interna para ter a mínima calidez promulgada polos estandares mais obvios
o día amosase de chumbo de chumbo de cor e de chumbo de pesadez e somentes a gasolina atopase libre hoxe del
abafo as bagoas no vaho da dor tan intensa inmensa intranscendente visceral e inusualmente inútil
o fin compre deixar o desexo pero tan arraigado atopase que doe ata o pensar en arrancar as raigames fondas ancladas nun corazón inexistente máquina de bombear sangue si acaso xarope fedorento que percorre arterias capilare e veas
aciago día de adolescente con sindrome menstrual
chumbo no ar
chumbo nas verbas
e o taladro das miradas esquivas que tanto fan poallar os interiores
No hay comentarios:
Publicar un comentario